A humanización de García Barbón, no treito comprendido entre as rúas Oporto e Serafín Avendaño, está rematada. Cun orzamento de 2 millóns de euros, e coa aplicación do concepto Smart Street, nos meses pasados os traballos se centraron na beirarrúa do lado mar, con 700 metros de novas canalizacións de saneamento, 21 pozos de rexistro e 64 acometidas, 445 metros de abastecemento, 22 acometidas e sete bocas de rego, 24 luminarias con lámpadas LED, rego e xardinería, ademais da renovación da rede eléctrica e dos semáforos.
O alcalde adiantou que a humanización de García Barbón seguirá, primeiro ata o nó de Isaac Peral e, nunha fase sucesiva, ata Teis, e tamén as transversais.
A fase rematada incorpora elementos intelixentes: conta agora cun punto de recarga de móbiles e ordenadores, un sensor de choiva para optimizar o consumo da rede de rego, sinalización luminosa no chan nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, sinalización no pavimento dos edificios emblemáticos, alumeado e semáforos LED, entre outros.
Esta reforma presentou especiais dificultades, indicou Abel Caballero dado que a zona é arqueoloxicamente sensible, o que obrigou ás preceptivas sondaxes e escavacións previas. Ademais, localizáronse depósitos de combustible de subministro ás edificacións baixo as beirarrúas, a rede eléctrica estaba obsoleta e o terreo, pouco consolidado, o que supuxo ampliar a base do firme. Tamén a profundidade das acometidas de saneamento das edificacións supuxo un inconveniente que se salvou e subsanou coa humanización.