Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) súmanse este mércores á búsqueda de Ramón López González, de 89 anos, desaparecido o luns da súa casa en A Eirexa, no concello ourensán de Castro Caldelas.
Axiña se deu aviso á Garda Civil, GES de Castro Caldelas e a Protección Civil e onte xa se creara unha brigada que estaba na percura do desaparecido.