Este venres 17 de marzo ás 20:00h, Galicia Nova organiza, no Bar Cabiria -Rúa Alfonso XIII, 32– con Ana Bringas, Responsábel de Acción Feminista no BNG de Vigo, e Rebeca Cambeiro, Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando, por que”.
Desde Galiza Nova entenden que é fundamental a “formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas”.
Por esa razón e “tras o éxito en Tui”, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.