É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másBombeiros de Ponteareas realizan un simulacro de incendio no colexio Santiago de Oliveira
Os Bombeiros de Ponteareas realizaron, nestes pasados días, un simulacro de evacuación en caso de incendio, no colexio de Santiago de Oliveira. A iniciativa tiña como finalidade, segundo a concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá, “que nun caso de emerxencia, tanto o profesorado como o alumnado saiba como actuar correctamente á hora de realizar unha evacuación do centro no tempo en que tardan en acudir os servizos de extinción de incendios”.
“Saber qué hai que facer nos primeiros minutos dun sinistro, e fundamental á hora de evitar unha traxedia”. Por iso, engadía Vanesa Fernández, “desenvolveremos este tipo de actividades en todos e cada un dos centros escolares do municipio”.
Doutra banda, os nenos e nenas do colexio de Santiago de Oliveira, tiveron a oportunidade de asistir, unha vez rematado o simulacro, a unha charla sobre a vespa velutina que desenvolveu Tomás Rivero, apicultor cunha dilatada experiencia e profundo coñecedor do problema que supón a vespa asiática.
Ao longo dunha actividade amena, divertira e moi ilustrativa, o alumnado puido coñecer o problema que representa para a biodiversidade a ‘invasión’ da vespa velutina, como son os seus niños, onde se atopan, que facer en caso de atopar un deles e, amais, aprenderon a facer sinxelas trampas para este tipo de vespas.