Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer másEste xoves empeza ‘GastroVigo’, unha ruta gastronómica por 22 restaurantes da cidade que durará 10 días
A partir deste xoves e durante 10 días, 22 restaurantes de Vigo- que podes atopar premendo aquí-ofrecerán menús degustación de alta calidade por un prezo de ata 25€. O Concello apoia esta nova iniciativa de Mahou porque supón “poñer en valor a gastronomía, a economía o comercio e o turismo da cidade”.
Baixo a organización desta firma, en colaboración coa Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría (FEPROHOS) e Big Gourmand Michelin, ‘GastroVigo’ é un paso máis para consolidar Vigo como capital da gastronomía de Galicia.
Serán 22 restaurantes os que ofrecerán durante dez días unha selección de pratos e menús degustación que recollen o mellor da gastronomía galega.
Nesta iniciativa atoparanse propostas para todos os gustos, algunhas máis innovadoras e outras máis tradicionais, pero todas teñen en común unha coidada selección da materia prima e a garantía de calidade que supón contar con algúns dos mellores chefs de Galicia