A Asemblea Aberta de Coia retoma a súa actividade este sábado 22 de abril. O motivo do regreso, de novo é, sinalan dende a asamblea, “a represión que volve a golpear en forma de procedemento xudicial a un rapaz do barrio”.
Saúl, veciño de Coia, indican, enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita 2 anos de prisión e 4.800 € de multa por facer cancións con contido reivindicativo.
“Dende a Aemblea queremos amosar toda a nosa solidariedade con Saúl, e coas demáis persoas que afrontan procesos similares, polos mesmos feitos. Xa que nos parece absolutamente desproporcionada a intención de castigar a loita social, en calquera das súas manifestacións, con altas penas de prisión”.
Co fin de explicar a súa situación, e das integrantes do colectivo ‘La Insurgencia’, Sául, falará sobre o seu caso. A charla leva por título. “Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións”. Será o sábado a partires das 19:30 no salón de actos da parroquia do “Cristo da Vitoria” en Coia.