Imágenes:vigoalminuto/Unha representación máis actual e que representa a todas as parroquias. Así é o novo ‘logotipo’ de As Neves, que será dende agora a mova identidade visual do Concello.
Obra do deseñador David Silva, o novo ‘logo’ será o elemento de referencia que identificará ao Concello de As Neves na cartelería oficial, uniformes de empregados municipais, sinais, redes sociais e o novo portal web do Concello.
O alcalde de As Neves, Xosé Rodríguez Méndez, subliñou o feito de que na nova imaxe municipal estean representadas as 13 parroquias nevenses, “a intención era darlles protagonismo a elas e, porén, ás súas veciñas e veciños, de xeito que todas e todos os cidadáns nos sintamos representados vivamos onde vivamos”.
O novo logotipo, que foi analizado polo historiados Paz Antón, quen fixo unha exposición da evolución do escudo de As Neves ao longo dos séculos, irá incorporándose, ademais, á papelería oficial do Concello nas vindeiras semanas.