Sucesos

O lume arrasa xa más de 160 hectáreas de árbores nos concellos lucenses de Quiroga e Cervantes

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, segue activo o incendio que empezara este venres no concello lucense de Quiroga. O lume, que afecta á parroquia de Outeiro, xa arrasou dende onte a 1 e media da tarde máis de 80 hectáreas de monte. Agora mesmo traballan na súa extinción 8 brigadas, dúas motobombas, unha pa, 7 helicópteros e 2 avións.

O incendio que afectaba ao concello de Cervantes, tamén en Lugo, que empezou ás 2 da madrugada do sábado en catro puntos distintos, está controlado-non apagado- dende as 10 da mañá deste domingo. As chamas, que seguen queimando os montes da parroquia de Vilarello, xa se levaron por diante 80 hectáreas. No lugar hai 11 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, unha pa, 4 helicópteros e un avión.

You may also like