O martes 2 de maio entrará en funcionamento a liña H3, que unirá Teis co hospital Álvaro Cunqueiro, una conexión que, como sinalou o alcalde este luns, é “de grande interese porque fará un percorrido de moita demanda”.
Abel Caballero sinalou que a viaxe de ida saíra de García Barbón “Calzada” -Sanjurjo Badía- Bos Aires-Travesía de Vigo-Aragón- Jenaro de la Fuente-Ramón Nieto- M. Álvarez -Estrada vella de Madrid-Seminario- Lameiro- Estrada Marco-Saa-Seixo, Estrada Venda e Hospital Álvaro Cunqueiro. A volta será rápida e flexible porque só parará para deixar viaxeiros.
Nun principio, as saídas desde García Barbón serán ás 07,45 e ás 11,00 horas, e desde o hospital sairán ás 10,15 e ás 13,15 horas. Segundo como evolucione a ocupación, o alcalde avanzou que se farán os reforzamentos de frecuencias que sexan precisas.
O alcalde explicou que nestes momentos as liñas que nestes momentos están a prestar servizo ao Álvaro Cunqueiro (H, H1, H2, L6, L12B, L18 e agora a H3) moven diariamente sobre 2.300 usuarios nun total de 137 viaxes e non descartou a implementación de novas conexións ou frecuencias.