É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA pensión media en Galicia subiu un 2% pero, ainda así, segue a ser a segunda máis baixa de todo o Estado. Os pensonistas galegos-757.579 en total-cobran, de media, 774,99€- fronte aos 917,71€ de media de toda España-, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Por provincias, na Coruña e Pontevedra as pensións, medias, son de 816,99 e 815,85€, respectivamente, mentres que en Lugo e Ourense son de 687,16 e 667,46€. En A Coruña, dacordo cos mesmos datos, hai 293.669 pensionistas, 237.460 en Pontevedra, 117.524 en Lugo e 108.926 en Ourense.
A pensión media por xubilación en Galicia é de 881,67€, fronte aos 1.060,09€ da media estatal, e a cobran 470.367 galegas e galegos-181.575 na Coruña, 146.436 en Pontevedra, 73.856 en Lugo e 68.500 en Ourense-.
Por viuvez, a pensión media galega foi de 546,80€, para 187.331 beneficiarios -74.086 na Coruña, 57.961 en Pontevedra, 29.290 en Lugo e 25.994 en Ourense-.
Por último, a pensión media por incapacidade permanente, que recibiron 69.691 galegos -26.009 na Coruña, 22.866 en Pontevedra, 10.426 en Lugo e 10.390 en Ourense-, foi de 833,43€.