10.825 galegos menos. Nun ano- do 1 de xaneiro de 2016 ao 1 de xaneiro de 2017-o número de persoas que viven en Galicia pasou de 2.718.525 a 2.707.700, segundo os datos difundidos este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Ademais, a poboación de todo o Estado tamén baixa, concretamente en 17.982 persoas, polo que a principio deste ano o número de habitantes era de 46,5 millóns.