O Centro Cultural ‘A Camoesa’ organiza xunto ao Concello de Nigrán o seu ‘I Mercado Medieval de Camos’ os días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio.
O mercado comeza o venres ás 4 e media da tarde e nel haberá postos de artesáns, exhibición de cetrería, atraccións para nenos ou actuacións musicais. Paralelamente, celebrarase a 7ª e 8ª proba da Liga Autonómica de Agility, puntuable para o Campionato de España.
O sábado, día 29, o programa empezará á 10 da mañá, coa inauguración da Feira e a continuación, actuación do Grupo de Gaitas de Chandebrito e adestramento canino; ás 3 da tarde,probas de Agility, mostra de Soft Combat, Soft Combat para nenos e tiro con arco; ás 8 da tarde, xuntanza cos grupos: Pandereteiras As Camoesas, Grupo de Gaitas de Chandebrito, Pandereteiras As Xarelas da Touza, Gaitas Ardelume de Baíña, Grupo de Gaitas Virxe do Alivio de Tomiño, Pandereteiras do Sobreiro, Gaitas Romanteleiros de Mañufe e Grupo de Gaitas Cores do Sobreiro.
O domingo, día 30, ás 10 e media da mañá, campionato de Agility; ás 12:30, treboaza de Pinzás; ás 6 e media da tarde, banda de Gaitas Atlántida de Matamá, ás 7 e media, grupo de Folk Zurrumalla e ás 9 da noite, grupo de Música Harmonía.
O luns, 1 de maio, ás 12, Treboada Baixo Miño (Tomiño); á 12:45,exhibición de Aves Rapaces. Rapiñas do Salnés; ás 7 da tarde, voo de Aves Rapaces, e as 8, coro Ecos do Castelo da Carrasca.