Os traballadores da limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo, servizo xestionado pola empresa Clece, convocan unha manifestación este venres 28, coincidindo co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, para denuncia a crecente precarización do emprego e os continuos recortes de persoal.
Con esta mobilización, promovida pola representación da CIG e da CIGT no comité de empresa, tamén se quere rexeitar a mobilidade funcional dos empregados en diferentes postos sen ter a formación axeitada en prevención.
A marcha convocada polos delegados da CIG e da CGT no comité de empresa arrincará este venres 28, Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, dende a portería principal de Citroën ás 12.30 horas e rematará no mesmo lugar tras facer un percorrido até a rotonda de Castrelos. Unha vez de volta na fábrica -arredor dunha hora despois- terá lugar unha concentración até as 14.30 horas.