O número de parados anotados nas oficinas de emprego de Galicia descendeu en 5.427 persoas o pasado mes de abril, dacordo cos datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
En relación con abril de 2016 hai 23.524 persoas menos anotadas nas oficinas de emprego, e un total de 204.629 galegas e galegos que demandan un traballo.