É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Concello de Salceda crea novas ‘illas’ que están a mellorar a reciclaxe en toda a vila
O Concello de Salceda está a proceder á reorganización das zonas de colectores do lixo, agrupando os mesmos en “illas de reciclaxe”, nas cabeceiras de cada rúa e nos puntos máis acaídos para elo.
O obxectivo, indica a concelleira Teresa Pérez, é a “eliminación de contedores dispersos, gañando en eficiencia no momento da recollida do lixo, así como na ordenación do casco urbano”. Por outra banda, engade,o feito de ter zonas delimitadas e sinalizadas para os contedores evita as contínuas incidencias de cambio de lugar dos mesmos, producidas na maioría dos casos para estacionar correctamente os vehículos.
Por último, o reagrupamento “busca mellorar a seguridade viaria, coa colocación dos contedores en lugares nos que non resten visibilidade, nin supoñan problema algún para a circulación de vehículos nin para a seguridade dos peóns”.
A mellora nos servizos de reciclaxe e recollida do lixo, subliña a concelleira,súmase ao proxecto de compostaxe que se está a desenrolar no casco urbano do concello, e que “pon a Salceda na cabeza de toda a provincia no que a este tema se refire”.
Co crecente uso dos diferentes contedores de compostaxe por parte da veciñanza, “vense a notar un descenso no uso do contedor de lixo orgánico en todo o casco urbano”, o cal facilita o traballo de reorganización de todo o sistema de recollida do lixo, que se ve notablemente mellorado coa creación das “illas de reciclaxe”.