Deportes

@primaveradocine de Vigo adica a súa programación deste luns ao deporte

O Festival Primavera do Cine en Vigo dedicará a xornada de este luns, día 8 de Maio, ao mundo do deporte. A programación habitual das curtametraxes estará complementada pola estrea mundial de ‘O tempo futuro’, ademáis das pezas Procura-se Irenice  e Alén do cosmos. Trátase dunha tarde protagonizada pola presenza da muller e de dous deportes minoritarios como son o bobsleigh e o atletismo.

A tarde rematará ca historia dun galego esquecido pola historia que xogou cos mellores futbolistas do mundo. Os asistentes poderán desfrutar da velada no Auditorio do Concello de Vigo xunto co equipo técnico das películas.

A primeira proxección terá lugar ás 20:00h ca premiére de ‘O tempo futuro’. Á cita acudirá o director do filme Xoán Escudero, a produtora Analía G. Alonso e a protagonista da historia Bárbará Iglesias. Os asistentes poderán desfrutar dun coloquio co equipo técnico ao remate da cinta.

O documental conta a historia de Bárbara Iglesias, a primeira piloto de Bobsleigh española que ten un soño claro: competir a nivel mundial. Esta non é unha meta sinxela para alguén que non conta con apoios e vive a 1.500 quilómetros da pista máis próxima, nun país sen tradición neste deporte. Pero esta viaxe será a súa oportunidade.

A partir das 22:00h os asistentes poderán desfrutar dunha sesión doble. Primeiro proxectarase a curtametraxe documental ‘Procura-se irenice’,  de Marco Escrivão e Thiago B. Mendonça. Esta historia relata a busca de unha atleta esquecida, o encontro cunha historia apagada pola ditadura.

A velada rematará ca longametraxe ‘Alén do cosmo (Pedro Pablo Alonso, 2016). É un documental que conta o periplo vital de Santiago Formoso, un rapaz vigués que emigrou a Nova York a finais dos anos 60 e acabou gañando a vida como futbolista do lexendario New York Cosmos, xunto a estrelas coma Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johann Cruyff.

Retirado a finais dos 80, Formoso é hoxe un galego-americano máis dos moitos que viven en Queens ou Newark, cunha interesante experiencia que contar sobre o deporte, o negocio en que este se converteu e a vida concebida como espectáculo. O documental levouse a cabo grazas a un crowfunding e comezouse a gravar en xuño de 2013, con localizacións a cabalo entre Newark, New York e Vigo.

Previamente, a partir das 17:00h haberá una doble sesión de curtametraxes no propio Auditorio do Concello. Tamén haberá distintas proxeccións de curtametraxes no Auditorio do Marco.

Doutra banda, no Instituto Camões, ademáis de dous bloquesde curtametraxes, os asitentes poderán desfrutar ás 21:00 da longametraxe documental Intolerancia (Susanna Lira, 2016). A cinta mostra a xornada do equipo da Comisaría de Crimes de Intolerancia en busca de persoas que transformaron o discurso de odio en asasinatos crueis. Con narrativa puntuada por revelacións sobre as vítimas e unha inmersión visual underground da cidade de São Paulo, a película revela a complexidade da natureza de crimes que se tornan cada vez máis comúns en Brasil.

También te puede interesar