Arredor de 2.500 escolares vigueses participaron hoxe na edición 2017 do Correlingua, que nesta ocasión tivo que celebrarse no pavillón das Travesas a causa da choiva.
O lema deste ano foi “En galego, sen cancelas” e a música correu a cargo de Cé Orquestra Pantasma e do grupo gañador do Cantalingua, Biribirlocke. Tamén se entregaron premios e agasallos aos centros educativos participantes. O encargado de conducir o acto foi Luís O Caruncho.