Milleiros de persoas percorreron as rúas de Compostela, atendendo o chamamento de ‘Queremos Galego’, para esixir ás autoridades do Goberno de Galicia que impulsen os avances precisos para que sexa posíbel vivir o día a día usando o idioma galego sen trabas.
Maniféstate pola lingua! 17 de maio ás 12h na Alameda de Santiago #17MQueremosGalego #QueremosGalego #EnGalegoSenLimites pic.twitter.com/sVbItJsPEa
— Queremos Galego! (@QueremosGalego) May 8, 2017
A manifestación saíu da Alameda de Santiago pasadas as 12 encabezada por unha faixa na que podíase ler ‘En galego sen límites’. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, reivindicou o dereito a vivir en galego sen atrancos en actos tan normais coma “abrir unha conta bancaria no noso idioma” e, ao tempo, alertou do feito de que o galego ten cada día menos presenza no ensino.
Un ano máis, ateigamos de dignidade a Praza da Quintana. Queremos vivir #EnGalegoSenLimites no noso País. Queremos Galego hoxe e SEMPRE! pic.twitter.com/xufaeX0FBH
— Adrián R. Bravo (@adrianrbravo) May 17, 2017