Imagen:vigoalminuto/Os membros da rede social de Vigo, que o pasado 18 de febreiro iniciaron unha protesta indefinida fronte ao Concello, cumpren 92 días de ‘acampada’ na Praza do Rei. Os integrantes da mesma reclaman medidas contra a pobreza e que o Goberno da cidade e o Goberno de Galicia traballen xuntos neste eido.
‘A pobreza mata’, ese é o lema desta protesta apoiada por colectivos coma Os Ninguéns, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Marea de Vigo, o BNG e a CIG ou a Rede de Solidariedade Popular.
A intención dos acampados é seguir diante do Concello ate que o alcalde se sente con eles para escoitar as súas demandas, empezando por acabar cos desafiuzamento contando cun parque municipal de vivendas; tamén piden cambios no funcionamento do albergue eliminando o límite de dez noites por usuario e, tamén, a creación un centro de inclusión na cidade.