O popular Telmo Martín volverá a á Alcaldía de Sanxenxo logo de acadar un soprendente acordo co actual alcalde, Gonzalo Pita, que anunciou este venres que deixará o seu posto a Martín e pasará a ser a súa man dereita coma tenente de alcalde.
Ata hoxe, Pita, líder de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL), gobernaba en coalición co PSOE e o BNG cos que decidiu rematar o pacto de gobernó pola súa “deslealdade” ao plantexar a reforma da rúa Luis Rocafort.
Dende entón, Pita empezou as negociacións con Telmo Martín que agora farán posible a volta do dirixente popular á Alcaldía da vila. Martín agradeceu ao ainda alcalde a súa honestidade e vontade de chegar a este entendemento.