Segundo informa MeteoGalicia, no que vai deste venres xa levamos máis de 6.000 raios en Galicia. A noite foi especialmente intensa no que se refire a fenómenos meteorolóxicos e os tronos e lóstregos foron constantes dende a media noite.
As treboadas estiveron acompañadas de choivas fortes que deixaron en Vigo máis de 30 litros por metro cadrado este venres.
Desde o mediodía está activada a alerta amarela por saraiba, choiva e treboadas, que estarán acompañadas de aparato eléctrico, a lo menos, ata as 9 da noite, nas provincias de Ourense e Lugo e no interior da de Pontevedra.
Maila a esta inestabilidade as temperaturas non baixarán moito e en Ourense seguirán estando preto dos 30 graos, 25 en Pontevedra, en Lugo e Vigo teremos unha máxima de 24, 23 en Compostela, 22 en Ferrol e 20 en A Coruña.