Galicia

Encadear a un can de xeito permanente estará multado en Galicia con 5.000€

O PP propón, dentro das modificacións da Lei de Protección e Benestar Animal, que se debaterá o vindeiro día 7 no Parlamento de Galicia, que o “encadeamento” continuado de cans teña unha multa de ata 5.000€ e a posibilidade que os animais con doenzas crónicas ou que estean sandando poidan ser adoptados.

A futura lei establecerá que estará prohibido “calquera instrumento e aparello que teña coma finalidade limitar ou impedir a mobilidade dos animais, que produzan dor, danos, sufrimento ou estres innecesario” aínda que so enumera coma método de suxeición prohibido os colares eléctricos que dean descargas.

O Partido Socialista, para quen a lei do PP é “un despropósito”, denuncia que a mesma non regulamenta o emprego de animais nos circos, deixa sen castigo a colocación de fechos nas patas dos cabalos e, aseguran os socialistas, a norma “ampara o sufrimento dos touros que é un tipo de tortura” posto que os espectáculos taurinos quedan fora desta lei.

Te podría interesar