A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) ven de indicar que Galicia está hoxe, e seguirá no mesmo estado mañá, martes, en “nivel extremo” de risco de incendios forestais, por mor da sequía, a vaga de calor e o vento.
Este luns segue activo o lume que empezara este domingo, sobre as 11 da noite, na parroquia de Quins, no concello ourensán de Melón, que xa arrasou máis de 50 hectáreas, segundo os datos de Medio Rural.