A Consellería do Medio Rural informa de que dende as 00:00 h. deste mércores quedan prohibidas, en toda Galicia, as queimas de restos agrícolas e forestais. Nun comunicado, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez subliña que esta decisión abrangue, tamén, aos permisos que xa foron concedidos posto que as autorizacións de queima xa non valen dende a entrada en vigor desta prohibición.
O Goberno de Galicia, que tomou esta decisión á vista das actuáis condicións meteorolóxicas e da situación do Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI), pide a colaboración dos cidadáns e que denuncien calquera actividade delictiva da que teñan coñecemento.