Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más@AsNevesConcello presenta a imaxe da Festa do Tinto das Rías Baixas
Como tódolos anos o segundo fin de semana de xullo –os días 8 e 9- As Neves acolle acolle a festa do tinto Rías Baixas. Será esta unha edición cargada de novidades que se presentarán a vindeira semana na sede da Denominación de Orixe no Pazo de Mugartegui de Pontevedra.
Neste 2017 terán presenza a totalidade de Viños Tintos e as novidades do sector nun espazo cargado de simbolismo.
A presentacion da imaxe da festa realizouse en Rubiós, a parroquia que leva o nome dos tintos e pretende ser unha homenaxe a Manuel de Amaro viticultor de excelencia que xa da nome a unha coleccion de viños que tamén estarán presentes na festa.
Coa presenza do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e emprendoras do Concello con vinculación ao turismo, hostelería e viticultura, quíxose subliñar a importancia da económica do sector e da festa na economía local.