Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másControlado o incendio de Parderrubias mentres segue ardendo a parroquia de Quins, en Melón
Imagen:B.A./Este domingo, preto da 1 da mañá, quedou controlado o lume que se declarara a última hora do sábado na parroquia de Parderrubias en Salceda. Na loita contra o mesmo participaron efectivos de Emerxencias e extinción de incendios, medios da Xunta, integrantes do Servizo Municipal de Emexencias e Protección Civil de Mos, e Bombeiros do Baixomiño.
Segundo informa a Consellería de Medio Rural, un incendio está activo dende a 1 da mañá deste domingo na parroquia de Quins, en Melón- a mesma na que a semana pasada arderán preto de 160 hectáreas-.
O lume arrasou xa máis de 20 hectáreas mentres 5 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas e unha pa, xunto con efectivos do Grupo de Emerxencias (GES) do concello loitan contra as lapas.