Este venres deu comezo a II Ruta de Pinchos do Viño Tinto Rías Baixas, logo do éxito acadado o ano pasado. Esta nova ruta a forman 5 establecementos de hostalería do concello das Neves como preludio á festa do Viño Tinto, que celebrarase na localidade nevense a vindeira fin de semana, sábado 8 e domingo 9 de xullo.
Neste ano os locais participantes na Ruta son: Vide Vide, cafetería Novo Stop, Centro Social, Donde Vamos e o Chiringuito de Santa Mariña. Estos 5 locais ofrecen pinchos a un custe de 2,50€ no que se inclúe unha copa de viño Rías Baixas.
Todos aqueles participantes que depositen nas urnas habilitadas nos locais o pasaporte selado por todos os locais entrarán no sorteo dunha noite para dúas persoas con almorzo na Quinta de San Amaro, un hotel rural con encanto no concello pontevedrés de Meaño, que ademais foi gañador dunha mención especial ao mellor establecemento de enoturismo, premio entregado pola asociación de Rutas do Viño ACEVIN.
Para aqueles que entreguen os pasaportes cun mínimo de tres selos entraran no sorteo de dous lotes compostos de viño e conservas.
“ Animamos a todos a vir ata As Neves e a participar nesta II ruta de pinchos” subliñou Xosé Manuel Rodríguez, alcalde do Sol do Condado, “con esta ruta comezamos unha serie de actividades entorno ao mundo do viño e que remataran os días 8 e 9 coa festa do viño”.
Dentro desta programación a D. O. Rías Baixas ofrecerá unha cata comentada de viños o vindeiro xoves, día 6- ás 9 da noite, no Mercado Municipal-. O secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro; o propio alcalde e sumiller José Aragunde, que será o condutor desta cata, presentaron a mesma, o venres no Pazo de Mugartegui,
La cata está dirixida a profesionais, e as persoas interesadas en asistir deben inscribirse chamando aos teléfonos 686978607 o 630628040.
Esta iniciativa é unha das principais novidade da festa do tinto deste ano á que súmanse outras catas-maridaxe e encontros sobre viticultura que se celebrarán en As Neves do mércores, día 5, ao venres, 7 de xullo.