Durante os meses de xullo e agosto as Escolas, dependentes da Concellería de Deportes, ofertan baloncesto, bádminton, billar, ioga, fútbol sala, patinaxe, taekwondo, tenis e wu shu.
“Planificadas en horario de mañá e tarde para garantir a máxima cobertura e flexibilidade as actividades deportivas”, como indican dene o Concello, realízanse no pavillón Álvaro Pino, na escola de billar do C.A Sportivo, no Colexio Ramiro Sabell, na Freixa ou no Colexio Fermín Bouza Brey.
O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, explica que as actividades deportivas fanse en colaboración cos distintos clubes como o Club Baloncesto Condado, a Escola Billar C.A Sportivo, o Club Fútbol en 40 x 20, o Club de Patinaxe Luar, Salus, o Club Bádminton Ponteareas, o Club Tenis Ponteareas, a Asociación Deportiva Wudang ou o Club Sport Factory.