Deportes

@AsNevesConcello honra a cinco deportistas locais que acadaron 8 campionatos de España de badminton

Brais Alves, David Durán, Ángela Soto, Lucía Rodríguez e Basílio Porto; cinco neveses cunha longa traxectoria no bádminton que acadaron un total de oito campionatos de España entre 2008 e 2017, foron recibidos na Casa do Concello.

Na recepción tamén es tivo Verónica Bastos; unha nevesa de adopción, que tras coñecer que padecía escoliose, decidiu recorrer ao deporte para  frear as lesións que esta doenza lle provocaba. Foi no 2011, cando comezou a practicar o Bikini Fitness, a categoría máis comercial dentro do fitness, na que se busca achegar este deporte á xente de a pé, con corpos moito mais accesibles e no que a excesiva definición muscular está penalizada. Dende 2012, ano no que comezou a competir, obtivo xa un total de 12 títulos a nivel galego, estatal e, mesmo, internacional.

O acto tivo lugar o pasado martes catro de xullo, cando o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o concelleiro de deportes, Óscar González, lles deron a benvida a estes neveses e nevesas do mundo do deporte. Trala foto inicial nas escaleiras da entrada do edificio, tivo lugar unha xuntanza no salón de plenos, na que os responsábeis políticos, ademais de darlles os parabéns polas súas brillantes traxectorias, aproveitaron para escoitar as demandas deste grupo de deportistas de elite.

También te puede interesar