Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer másNova protesta polo peche de camas nos hospitais de Vigo durante o verán
As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse este venres ao hospital Álvaro Cunqueiro, despois das que tiveron lugar no Meixoeiro. A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), quen convocara a mobilización, ven de denunciar que ás camas que se pechan no verán hai que engadir todas as que seguen sen utilizarse no Meixoeiro todo o ano.
O persoal insiste en que se debera aproveitar que o verán “soporta menos presión de determinadas patoloxías” para incrementar o número de cirurxías, co obxectivo de reducir as listas de espera. “No canto de facelo, á Consellería de Sanidade aposta por dedicar máis cartos á sanidade privada”.