
Unha femia de balea ‘alibranca’ de 7 metros de lonxitude apareceu morta, e en estado de descomposición, en Cervo, no dique sur da factoría de Alcoa, en San Cibrao, dende onde foi levada ata porto polo Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) desta localidade e unha embarcación de Salvamento Marítimo.
Axiña foi avisada a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), que mandou persoal ao lugar para recoller diversas mostras biolóxicas para a súa análise.
A alibranca é unha das especies de cetáceos máis comúns e non adoita achegarse ao litoral.