Galicia

O peche de centros públicos de ensino en Galicia deixará sen traballo a 31 profesores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) alertou este xoves  das consecuencias da clausura de varios centros de ensino decretada polo Goberno de Galicia. Coa decisión da Consellería de Educación, asegura a central sindical, “31 profesores quedarán sen emprego”.

O propio sindicato, botando man de datos oficiais, sinala que co peche do CPI Monte Caxado, en As Pontes, pérdese un posto de profesor titular do corpo de mestres na ESO e están no aire 2 postos a maiores;  no caso de profesorado se secundaria pérdense 6 postos de traballo.

No CPI da Ribeira hai un total de 6 postos de traballo que se perden co traslado das ensinanzas ao IES do Ribeira do Louro.

No CPI Tomás de Lemos, de Ribadavia, os efectos do cambio das ensinanzas da ESO vai implicar a eliminación de 16 postos de traballo, 2 deles do corpo de mestres e 14 no profesorado de secundaria, 9 deles que proveñen do CPI e 5 postos con destino provisional no centro receptor.

Por último, ni  CEIP Emilio Navasqüés, de Outes, non hai, polo de agora, cambios no volume de profesorado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.