201.500 galegos seguen sen traballo, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE). Respecto ao mesmo trimestre de 2016, o paro baixa en Galicia en 21.500 persoas, o que supón un descenso un 9,63%, moito menos que a media estatal, que se sitúa no 14,44%
O número de ocupados en Galicia incrementouse en 15.300 persoas respecto do tres primeiros meses do ano, un 1,48% máis.