O número de desempregados anotados nas oficinas do Servizo Galego de Emprego diminuiu o mes pasado en 7.794 persoas, segundo os datos difundidos este mércores polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social.
A finais do mes pasado había 195.520 galegas e galegos que estaban dados de alta nas listas de demandantes de traballo.
O paro rexistrado descende, especialmente, nas provincias de Pontevedra, en 3.004 persoas, e A Coruña, en 2.796, ademáis son a segunda e terceiras provincias do Estado nas que máis baixa o número de persoas anotadas nas listas do antigo INEM.