'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

Este xoves volve a representación da vida romana na Vila de Toralla

O Concello volve organizar este xoves-ás 8 da tarde-, como anunciara unha nova recreación da vida romana na Vila de Toralla. Hai que lembrar que todos os xoves de xullo e o 3, o 17 e o 24 deste mes de agosto se representan escenas-durante dúas horas– como a celebración dunha voda na antiga Roma, a venda de escravos ou unha loita entre gladiadores.

Os visitantes que acudan á Vila Romana de Toralla para as representacións serán recibidos nas escaleiras con pétalos de flores. Nas ruínas mostrarase a vida na vila romana, onde cada personaxe interpretará o seu oficio. O patricio e a súa muller recibirán aos invitados á voda, que se representará no escenario cunha cerimonia oficiada por unha sacerdotisa, co banquete, unha venda de escravos, baile e loita de gladiadores.

Te podría interesar