Marea Feminista convoca este mércores, día 23, unha concentración que organizan os colectivos feministas de Vigo. “Ante o último caso de feminicidio en Galicia non podemos mostrarnos pasivas. O noso compromiso é estar aí, rexeitando todos os casos de violencia machista que se produzan”.
Por iso hoxe, á 8 da tarde”estaremos diante do Marco achegando a nosa forza, a nosa rabia, a nosa indignación. Por unhas vidas dignas de ser vividas. Machismo e violencia NUNCA MÁIS!!”.