Galicia Sucesos

Membros de equipos de extinción advirten de que os datos de superficie queimada dados por Medio Rural son “moi inexactos”

Un incendio forestal declarado o martes afecta ao concello ourensán de Chandrexa de Queixa, onde queimou, dacordo cos datos de Medio Rural, máis de 20 hectáreas-aínda que fontes dos equipos de extinción aseguran que a superficie arrasada é “moitísimo máis”-, mentres que está controlado este mércores outro lume que calcinou unhas 70 hectáreas no concello lucense de Cervantes.

O Goberno de Galicia indica, ademáis, que quedaron extinguidos nas últimas horas tres incendios nos concellos de Gondomar, na parroquia de Peitieiros, que queimou preto de 40 hectáreas; en Celanova, 16 hectáreas, e en Castelo, no concello lucense de Guntín, que acabou con 23 hectáreas, delas 16 de árborado.

Te podría interesar