O alcalde asegurou que os encoros de Zamáns e Eiras están ao 75% da súa capacidade e que “temos auga suficiente para abastecer á cidade sen problemas ata o mes de decembro”, mais o alcalde apuntou que “seguimos recomendando, exactamente igual que sempre, consumo responsable” á cidadanía.
A este respecto, Abel Caballero avanzou que se apagarán aquelas fontes de circuito continuo, non así as de circuito pechado, e que se controlarán os baldeos, sen sumprimlos, para facelos “con criterio”. Caballero advertiu que algúns concellos da área de Vigo poden precisar auga ao longo do verán e asegurou que Vigo está disposto a dala.