A conselleira de Medio Rural, asegurou este venres que existen “problemas” cos máis de 6.000 puntos de carga do operativo contra o lume en Galicia, porque “parte deles xa non dispoñen de auga”.
Ángeles Vázquez subliñou que a seca dificulta o labor do operativo de extinción, o que pasa por levar “un control exhaustivo” nos depósitos, porque “non se poden deixar os puntos sen auga”. Vázquez salientou que leva “moito tempo sen chover”, con temperaturas altas e humidade baixa e pediu a colaboración de cidadáns e concellos para a prevención.