Militantes do BNG e de Galiza Nova entraron este mércores pola mañá no Pazo de Meirás, no que pasa os veráns a familia do dictador Francisco Franco, en Sada, e despregaron varias pancartas a través das que reclaman a devolución ao povo deste Ben de Interese Cultural (BIC).
Os membros do Bloque colocaron dúas cos lemas “O pazo é do pobo galego’, ‘Que nos devolvan ou roubado’ e ‘Franquismo nunca máis’.
.@NestorRego É hora de acaba coa ignonimia que supón o roubo de Meirás mediante a coacción e o terror por parte de Franco. #OPazoÉdoPobo pic.twitter.com/TikFjtlnVX
— BNG (@obloque) August 30, 2017
Ademáis, penduraron a bandeira galega coa estrela vermella, no mastro do pazo antes de concentrarse diante do inmoble para esixir, de novo, que “sexa devolto ao pobo”.