Dende este luns, os examinadores do carné de conducir volven aos paros que continuarán todos os luns, martes e mércores deste mes, segundo reiteraron os responsábeis da asociación de examinadores, Asextra, dende donde lembrase que non hai folga tódolos días para non facer sufrir os cidadáns e para darlle tempo á Dirección Xeral de Tráfico a que xestione as súas demandas con Facenda.
A asociación afirma que en Galicia hoxe se suspenderon máis de 300 exames, e que secundou o paro o 87 % do persoal, 7 puntos máis que a media de todo o Estado.
Os examinadores demandan que Tráfico contrate máis persoal e que lles apliquen un aumento de soldo duns 200€ mensuais que, segundo lembran, teñen prometido desde hai dous anos.
Vanesa Fernández, delegada en Galicia da Asextra, asegurou que en toda Galicia só traballaron 6 persoas -4 na Coruña e 2 en Pontevedra- das 45 que hai na Comunidade e que por este motivo quedaron sen facer entre 300 e 400 exames, en especial en Vigo onde suspendéronse un total de 130.