Os terreos municipais do Parque Empresarial Porto do Molle -ao carón do río Muíños- en Nigrán, acollerán este sábado pola tarde a cuarta proba puntuable da Copa de Enganches de Galicia, organizado pola Federación Hípica Gallega en colaboración co Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra.
Trátase dunha oportunidade única en toda a comarca de apreciar esta disciplina deportiva, xa que é a primeira vez que se realiza dentro dunha competición oficial.
O evento deportivo se presenta como unha tarde festiva, xa que ao finalizar as probas haberá yincanas ecuestres (mounted-games) e a actuación musical de ‘La Patrulla’, ademais se instalará unha cantina. A competición arrancará ás 17:00 horas con limoneras (nome que recibe a modalidade de enganche cun so cabalo), ás 18:00 horas con troncos (enganche con dous cabalos) e ás 18:30 horas proba libre. “En Nigrán e en toda a comarca do Val Miñor existe unha gran afición ao cabalo, por iso falamos co Concello de Nigrán para poder celebrar esta proba aquí”, sinalan dende a organización.
Esta Copa de Enganches de Galicia celébrase en toda a comunidade, disputándose as anteriores probas da tempada en Cartelle, Silleda e Ponteceso. Tralo seu paso por Nigrán quedan dúas máis, unha delas o 1 de outubro en Villamarín (Ourense) e outra pendiente de concretar na que se proclamarán os campeóns que optarán a representar a Galicia e á Federación Gallega no Campionato de España 2018.
A disciplina hípica de enganches desenvólvese en Galicia como competición federada desde o pasado ano, anteriormente realizábanse exhibicións nas diversas festas cabalares de Galicia da man de particulares ou de asociacións creadas para iso, como Club de Enganches de Galicia.