Galicia

Morre aos 83 anos o galeguista Francisco Lores, presidente das Asociacións Galegas da Arxentina

Os integrantes da Federación de Asociacións Galegas da Arxentina (FAGRA) e do Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), lamentan a morte do líder galeguista e presidente das dúas institucións, Francisco Lores Mascato, ás 83 anos de idade.

Nunha comunicación remitida aos medios de comunicación, a Federación de Asociacións Galegas da Arxentina sinala que “unha grande tristura invade a esta federación posto que a perda de Paco Lores xera un profundo oco que será moi difícil de tapar”.

Coa morte de Francisco Lores pérdese unha “figura incomparábel da colectividade galega na Arxentina, o azote dos que empregaban a galeguidade, a política e a súa posición no seu propio servizo e non para axudar á sociedade”.

Te podría interesar