O presidente do Comité de Empresa do Porto de Vigo asegura nunha nota enviada aos medios de comunicación, que a Policía Portuaria “está a sufrir nas suas carnes o abandono que o señor López Veiga ten hacia o Porto de Vigo”.
Segundo Diego González, neste último mes os servicios que se prestan están baixo mínimos alarmantes debido a una decisión do “mandamais” do Porto de non permitir que os seus axentes realicen Xornadas Dispoñibles. Trátase de xornadas de traballo que os Policías Portuarios realizan cando se precisa un reforzo especial ou se produce un imprevisto e son chamados para traballar nun dos seus días de descanso a cambio de 70€ e outra xornada libre compensatoria a devolver cando á Autoridade Portuaria de Vigo (APV) lle sexa posible -sempre dentro do mesmo ano natural-.
González indica que , “según López Veiga lle comentou ó comité de empresa esa medida a tomou debido a una advertencia de Portos do Estado na que lle ameazaba con disminuír a masa salarial do presidente e da directora da APV se se excedían da masa asignada para productividade, que é a masa na que repercuten as xornadas disponibles”.
Esa advertencia, sinala o presidente do Comité de Persoal, é producto dun exceso de 76.000€ sobre a productividade no exercicio do ano 2016, pero “ese exceso viu producido na meirande parte por culpa da política de recortes que o señor Veiga ven aplicando dende a súa entrada no Porto de Vigo no 2015 e cunha reducción dun 10 % do plantel n mesmo”.
Para González, ainda que ese exceso de 76.000€ é real, “o señor Veiga e a señora Beatriz Colunga (Directora da APV) non contan toda a verdade e manexan as cifras como lles ven en gana e non nos contan que no que se refire á masa salarial xeral da APV, a diferencia é de 400.000€ por debaixo da asignada, debido tamén a esa política rácana e austera, sempre en contra do traballador.
“Se con eses datos o Sr. Veiga non é quen de rebatirlle a advertencia a Portos do Estado non nos extraña que o Porto de Vigo estease a afundir de maneira alarmante e se sigan a perder tráficos e as grandes Navieras marchen para os Portos veciños ( aquí temos que recordar a marcha da Maersk, o descenso das escalas de cruceiros e tamén as pifias nas grandes obras que se realizan últimamente), e quizais Portos do Estado teña razón e o que cobran estes xestores non é acorde co que xeneran. O que temos claro dende a C.I.G é que o señor Veiga seguirá culpando ós estibadores ou ós inspectores do P.I.F, ou ás influencias do marido da ministra ou incluso ós seus propios traballadores, pois a autocrítica parece que non vai con el”.