O Parlamento de Galicia aprobou este martes, definitivamente, a Lei de Benestar Animal que só obtivo o ‘Sí’ dos deputados do Partido Popular e foi rexeitada por toda a oposición- En Marea, PSdeG e BNG-.
A nova lei, entre outras medidas, aínda que sí establece a prohibición de usar animais en pelexas, festas ou actividades de crueldade, non inclúe neste eido as corridas de touros,que seguirán sendo legais en Galicia.
Ademais, como xa informara vigoalminuto, aplicando a nova lei, dar de comer a un animal que estea so na rúa terá unha multa de entre 100 e 500€, recollelo e levalo a casa, outra de 5.000€ e limítase a posibilidade de facerse cargo do mesmo nestes casos a situacións excepcionais e cando o benestar do animal estea en perigo.