“Los Secretos”, unha das bandas máis lexendarias do pop español, chegan este sábado 7 de Outubro ó Auditorio Mar de Vigo (9 da noite), desta volta en quinteto acústico. A banda liderada por Álvaro Urquijo subirá ó escenario do Mar de Vigo para interpretar moitos dos seus grandes clásicos que marcaron a banda sonora dunha xeneración. Temas como “Déjame”, “A tu lado” ou “Buena chica” non faltarán nesta actuación de Vigo, onde a banda tamén anuncia que interpretará varios temas do seu último disco “Algo Prestado”.
Como o nome do disco indica, a banda escolleu para este traballo cancións prestadas, de artistas cos que medraron e marcaron as súas vidas, como Gram Parsons, Nick Lowe ou Peter Gabriel, que foron adaptadas ó castelán nesta ocasión. Son temas, sobre todo, do seu cancioneiro americano favorito, levadas ó personalísimo terreo de “Los Secretos”, e cantadas coa inconfundible voz de Álvaro Urquijo, sonando tan cercana e familiar despois de case catro décadas de éxitos continuados.
As entradas para asistir a actuación do grupo con este elegante formato, están xa a venda en www.ataquilla.com, a partir de 15€ as localidades máis económicas. Ademáis do seu aclamado repertorio cheo de grandes clásicos, “Los Secretos” anuncian que están preparando moitas sorpresas de cara ó ano 2018, no que cumprirán 40 anos de carreira. Un dos puntos de partida desa celebración será a estrea do documental “Una vida a tu lado”, que terá lugar en Madrid a finais do mes de outubro.