Sanidade inicia o vindeiro día 23 deste mes de outubro a campaña de vacinación contra a gripe, que estará vixente ata o vindeiro 29 de decembro. A provincia de Pontevedra conta nesta campaña con arredor de 250 puntos de vacinación –uns 150 na área de Vigo e 900 en toda Galicia– nos centros de saúde e consultorios; centros hospitalarios públicos; os hospitais, centros médicos e consultas médicas privados; residencias e centros para a terceira idade de titularidade pública ou privada; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios; e centros de atención a discapacitados.
Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de vacinación onde lle informarán de como e onde solicitar a cita. As persoas con 60 ou máis anos, así como aquelas que sufran enfermidades crónicas, deben acudir ao seu médico de cabeceira ou centro de saúde onde serán informados das vacinas que deben recibir.
Sanidade ten dispostas 560.000 doses, 30.000 más que o ano pasado, e utilizará dous tipos de inxeccións tendo en conta a idade.
Por terceiro ano, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) chamará á poboación que máis precisa a vacina, persoas de entre 65 e 74 anos de idade, para elevar a cobertura doutras campañas que en 2016 chegara ao 56% dos maiores de 65 anos-aínda lonxe do 65% sinalado coma mínimo- e entre as persoas de entre 60 y 64 años situouse por baixo do 25% do total.