Cultura

Os parques de Liñares e Chan en Tortoreos, en As Neves, están dispoñibles despois das obras realizadas

O goberno local das Neves levou a cabo a reparación dos exteriores da escola de Liñares, instalando novos elementos de parque infantil e renovando a pista de deportiva. Procedeuse a limpeza da pista deportiva, a colocación de novas porterías e canastas e o pintado das áreas de xogo.

No parque hai agora un novo tobogán, columpios, un banco e tamén se retirou o portal para facer máis accesible este área pública.

Na zona de Tortoreos, na escola da Chan colocáronse elementos de parque biosaudable xunto cun banco, árbores e preparando o terreo para que sea máis cómodo.

Segundo Oscar González, Concelleiro de Benestar e responsable de deportes, “con estás dúas obras téntase abordar unha zona moi poboada e chegar aos diferentes estratos de poboación, a infantil, a ocidade e outros, podendo chegar a persoas con máis idade que tamén demandan lugares nos que poder exercitarse para manter un bo estado físico”.

O alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, explica que dende a institución municipal “debemos xerar pouco a pouco mellores condicións para que a veciñanza das Neves goce dunha gran calidade de vida durante tódalas súas etapas”.

You may also like