Galicia

@ponteareas_gal ‏ liquida duas “débedas históricas” de máis de 340.000 euros

O Concello de Ponteareas vén de saldar a “débeda histórica” coa empresa Construcciones Crespo ao liquidar a última parte do pago pendente por valor de 203.364,45€, quedando xa só pendente de pago os intereses de demora dende 2008 que superará os 50.000€ que serán pagados antes de rematar o ano.

Segundo informa o Goberno local, a débeda con Construcciones Crespo, ten a sua orixe nun contrato realizado en 2006 polo goberno do PP para a realización de obras de mellora de viais. Estes traballos estaban financiados polo Ministerio de Fomento e “o goberno do PP, en lugar de pagar a obra como estaba obrigado, desviou o diñeiro para outros gastos” afirmou o concelleiro de Facenda Francisco Alonso.

Esta débeda é consecuencia dunha resolución xudicial co agravante de que xa en 2008 houbo unha primeira condena e acordo de pago que o goberno de Salvador González e Belén Villar incumpriron en todos estes anos”, engadíu Alonso

O Goberno local tamén ven de liquidar o resto da débeda contraída en 2011 coa entidade pública da Xunta, Aguas de Galicia, pola obra da planta potabilizadora da rede municipal de auga, por importe de 138.114,25€, cifra a que haberá que sumar os correspondentes intereses antes de fin de ano

O concelleiro de Facenda e Persoal, Francisco Alonso explica que “no momento que asumimos o Goberno Municipal, en xuño de 2015, a situación económica era grave e ademais durante os seguintes meses recibimos varias condenas e sancións que limitaron moitísimo o marxe de actuación, obrigando a destinar boa parte dos recursos a pagar as débedas históricas dos gobernos do PP”.

“Neste ano tamén se liquidou boa parte da débeda histórica coa empresa Sestelo e coa Seguridade Social, ademais de préstamos bancarios”.

También te puede interesar