O dispositivo que dende onte busca a un home de 64 anos que saíu a pescar este mércores en Ribadeo, segue tentando localizalo.O home foi a pescar ás 8 da mañá e as 11 a súa muller non foi quen de contactar con él.
Dacordo cos servizos de Emerxencias, o home desapareceu nas Illas, preto da Praia das Catedrais e hai patrullas en terra, ademais de medios de Salvamento, o helicóptero ‘Pesca 2’ e axentes da Garda Civil que andan na súa procura.